Jesús Hermida entrevista á Súa Maxestade El-Rei.
Puido ter sido, se é que non foi, un titular dunha
noticia da prensa ou da televisión de hai trinta anos. Cando
volvemos oílo hoxe, cremos que non entendemos ben, que algo non
vai. E así é. Non vai. Non vai o periodismo, nin vai o país. Non
vai nada. Se xa a monarquía é anacrónica e improcedente, esa
entrevista non é máis ca unha volta ao pasado, innecesaria e
inoportuna. Co fartos que estamos de borbóns!
A televisión española faise folklórica cando goberna
o pp. Sacan dos museos todo canto casposo e retrógrado puido votalos
e enchúfanos dun xeito ou outro para pagarlles o debido e, como contrapartida, piden o favor laudatorio ritual. No medio de
toda a caspa que rodeará esta entrevista, recordándonos así as
postais do nadal, Hermida axudaranos a comprender a sorte que temos
de que este monarca sexa real, e noso, e evitará calquera alusión a
xogadores de balonmán retirados, aínda que se chamen Urdangarín,
ou mesmo ás últimas leis de Botswana, a esas que prohíben a caza
de elefantes. Todo ben, nesa maneira de "así é, se así lle parece".
Cando remate a entrevista seremos todos tan amantes da
monarquía que ata os reis magos quereremos que sexan unha ducia,
pero para aqueles que se resistan e sigan coas súas reticencias
republicanas, emitirán a continuación un Informe Semanal íntegro
sobre Juan Carlos.
P.S. Afortunadamente a entrevista emitirana unha semana
despois de realizada. Ese tempo é máis que necesario para facerlle
un bo fotoxop, tanto ás figuras coma ás palabras.
P.S. 2 Miles de periodistas en paro, e traballo para un que cobra pensión.
Os puntos péchanse
por xuntos
unidos na forma de
figuras,
sen voz e sen
presenza.
Nós.
En puntos
convertidos, sen sabelo,
andamos os camiños
que non hai.
Errados.
Convencidos.
Instinto que nos
move sen acción.
Non. Reais non serán
eses sentidos
do lonxe que
poñemos a visión.
Nós.
Non.
.
.
Por dicir cousas así,tan ben traídas, é polo que me sinto reconfortado cada vez que me perdo neste fermoso ( e valioso ) blogue !
ResponderEliminar.....
Onde hai que asinar contra a caspa ?!
Parabéns , compañeiro !
Tin Herva
Grazas! Asinar non ha servir de moito. Posiblemente o mellor será seguir sen ver tve namentres dure o revival zombi.
ResponderEliminar