segunda-feira, 18 de julho de 2011

Convicción



Nunca me gustou especialmente. Non sei por que, pero nunca me gustou. E mira que o vernizaron ben, e puxéronlle cousas, pero nada.

Se hai que celebrar algún aniversario, prefiro o do catorce. E de escoller, eu son máis do catro, do catro por dous ou do catro por catro. De ter que ser doutro, prefiro o dez, sen dúbida.


Cada vez que andamos neste cabodano só se me ocorren cousas que lamentar. Non aprendemos. Nada. Dá o mesmo que fagan bacharalatos de excelencia ou que os bispos que falaban de Santa Cruzada, bendecida por san Pío X, puxesen  despois nas paredes das igrexas os caídos por Dios e por España. Tamén día de descanso laboral; para os comerciantes era este o único día do ano completamente libre -perdón, o de libre era un dicir-, era o único día no que non abrían as tendas, e como agardaban por el! Ao mellor moitos non celebraban ser franquistas ese día, só se alegraban de que estivese o comercio pechado. E os obreiros  tiñan unha paga, unha paga especial...


Pensándoo ben, tamén recordo ter ido de convidado a Santa Mariña, que celebraba o patrón, e eso era apetecible.


Ou sexa que, ao peor, non me disgusta.


Mais, con todo, non acabo de velo claro, non sei se facerlle caso á razón, ou se deixarme levar  por unha tentación  de verán.








Non teño medo de nada
mais sei que me asusta todo
e cando aquí veña todo
hase converter en nada.






Unha vez que quede nada
por estar perdido todo
lembralo e revivir todo
sentido daralle á nada.




















.




Sem comentários:

Enviar um comentário