domingo, 3 de julho de 2011

Novas

Boh, boh, boh!

Hai días nos que non merece a pena abrir os diarios. Só se paran nas tonterías. Mire un para onde mire, todo fala do mesmo:
Casou Kate Moss...
Bankia ten catro clientes que lle deben uns dous mil millóns que imos pagar entre todos (eles non, non teñen cartos)…
Teddy Bautista colleu uns días de descanso...
Juan Carlos Rodríguez Cebrián volve ao consello de Martinsa...
Os tres mil cincocentos convidados á voda de Mónaco fan protagonista mundial a un país con trinta mil habitantes e unha superficie quince veces máis pequena que o municipio de Pontedeume...
Os peixes máis grandes son os máis perigosos...

O planeta onde viven todos os seres protagonistas destas noticias debe estar ben lonxe de nós. Aos que eu coñezo a vida resúltalles moitísimo máis complicada e difícil, téndose que conformar só con cheirar de lonxe a estes bonitos, marraxos e tabeiróns.













O limpo sobresalto vén en ondas.

Descansado, sen estorbo que fatigue
Son de nenos, unhas veces, pola forma,
Case avesa, desfacendo despiadada,
Implacable nos silenzos denostados
Sen restos de resposta que se emitan.

Escuros polo baixo, repensado
Desde o incerto que se teme e que se vende,
Non formado, só ruído comunica,
Sinsentido en palabra a florecer
Levitando, indo dun a outro lado,
Recluído en todo iso do saber.

As esperas ao axexo, na espreita
Desa voz que se baña de interior,
Devecendo no norte dunha queixa
Velenosa cal froito do pavor,
Presente, na congoxa que alí deitan,
Nas ausencias que liberan do temor.

Angurias que non saben se saír,
Agardando en timidez aló atrás,
Disparo que enmudece sen se oír,
Fiar sen ningún fin. Quizais calar.






.

Sem comentários:

Enviar um comentário