En ocasións encantaríame que as palabras viñesen a min dispostas a deixarse coller para que eu as usase sen máis, no completo sentido da palabra usar. Encantaríame que esas palabras seducisen, promovesen un certo encantamento, inducisen condutas, levasen ao sorriso e proporcionasen, nunha aceptable dose, felicidade pracenteira.
Pero hai o que hai, e que siga como está!
Estudio xeográfico
Déixame que mire, por se aprendo,
os puntos da xeografía no teu corpo.
os puntos da xeografía no teu corpo.
Sexan o norte as colores verdes
que adornan as paisaxes dos teus iris,
camiños a esa selva que é o teu pelo.
Baixando un poco ao sur, e é noroeste,
un ombro de marfín xa me sorprende
con curvas más suaves que cuíñas,
que avisan, que anticipan e resgardan
os peitos, orgullosos das súas cimas
e asomados á túa parte máis central.
É o teu ventre, a orixe para a vida,
é o destino como fin, é o inicio
para o sur polo tacto núo da pel
sobre as formas onduladas da túa coxa,
é descenso ao teu xeonllo. É demora.
Son formigas como dedos explorando
sobre a tibia esa pel por sempre cálida,
cal anuncio para un sur lonxe do frío.
Eis, no polo, o debuxo que dá a unlla
adornándoche os dedos do teu pé,
cadro e espello do camiño a navegar
se me amosas as rexións das túas costas.
Cando volvan enredar as miñas mans
no norte tan fermoso do teu pelo,
entre rizos, revolvéndoche nos bucles,
dando treguas ás xemas dos meus dedos,
terei visto meridianos transparentes
sinalando os teus ríos, mares, lagos,
as montañas de mil simas atraíntes,
as chairas onde as rutas se remarcan
as chairas onde as rutas se remarcan
e o zigzag revesgado da caluga.
Ao final, cando xa ninguén pregunte,
nese exame, quedará só unha imaxe,
como centro, toda, ti, meu universo.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário