sábado, 23 de julho de 2011

Teatro




O Centro Dramático Galego está a representar A ópera dos tres reás, coa dirección de Quico Cadaval e a interpretación afortunada dun grupo de actores e músicos que son quen de converter as máis de dúas horas de función nunha radiografía social que dura un soplo.

Que poidamos asistir no noso idioma a actos culturais dignos, fai que nos sintamos orgullosos do noso. As manifestacións artísticas contribúen en gran medida a refirmar a identidade dos pobos, e máis nestes tempos onde o global véndese de seu, coma a panacea á que ninguén se pode resistir.

Xa o dicían os clásicos. A verdade sempre prevalece, porque é eterna.









As palabras que me dis
e me fan sentir amado
son palabras de ecos claros
resoantes para min
cando non te teño ao lado.






.

Sem comentários:

Enviar um comentário