terça-feira, 12 de julho de 2011

Sombras



Todo se repite.
As persoas somos animais que tropezamos dúas veces coa mesma pedra.
A historia desenvólvese en círculos.

En realidade debe ser unha circunferencia que nós recorremos igual do que o fai o hámster subido estupidamente á súa roda. Eu seino porque a lonxitude da miña non é moi grande, e o día doce deste mes volvía a estar no mesmo punto no que me atopaba o día sete de xaneiro deste ano. Exactamente da mesma maneira e coa mesma sensación.

E sei con certeza que o hámster anda estupidamente subido á súa roda.






 






Para lograr emoción
inventamos cada día
mais repetímonos nós.









.

2 comentários:

  1. Ei!!
    De sempre , sabes que o silencio é afirmativo.
    Ainda que ninguén che escriba, os seguidores do blogue desfrutamos diariamente con él. Énchenos.
    É unha xoia valiosísima que nos orienta, equilibra, e danos azos pra seguir adiante.
    ( Xenial o de hoxe!. Todos buscando no blogue a revisión do coche , en xaneiro ! )
    Parabens no teu mes favorito !
    Tin_Herva.

    ResponderEliminar
  2. Grazas! Moitas grazas! Despois de críticas así un non pode resistirse a botarlle a culpa das cousas á casualidade, porque se consigo que disfrutemos todos (sobre todo eu), ben me podo perdoar eso de circular ás escuras.

    ResponderEliminar