sábado, 30 de abril de 2011

Debates


Escapa abril como se non lle gustase o que ve e presentise un maio aínda peor. Por un lado e por outro a xente anda a discutir e os acordos non se desexan nin se agardan. Onde había paz, parece que se pode extinguir, e as guerras abertas continúan cunha vitalidade digna de maiores metas. É o noso mundo, non hai dúbida, e seguen a gobernalo os instintos máis primarios, sen que as sorpresas poidan aparecer como medio de adquisición dunha alegría imprescindible.

Con este panorama será bo que miremos a onde poidamos, sen desmaio e con moitos folgos, ata atopar o sorriso da complicidade satisfactoria. Hai cousas boas, moitas, e diferentes para cada un, que nos convidan a sermos merecedores delas.

Seica, según me dixeron, para velas, é bo non andar con orelleiras.









Persoas esforzadas nun equipo
Intentos solidarios de xuntar
Os anceios, ideas e os traballos
Perseguindo ver un triunfo nunha meta

Son sistemas baseados en apoios
Nas axudas que se dan sen dubidar
Escapando de egoísmos estelares
Volvendo o colectivo principal
Emocionan na beleza que transmiten
Encandilan nos sorrisos que nos deixan
Ilusionan nos anceios que propoñen
Facéndonos sentir seres mellores
Se acadamos sentir o seu interés.






.

Sem comentários:

Enviar um comentário