domingo, 24 de abril de 2011

Impresentables


Hoxe indigneime un pouquiño.
Durante esta semana estiven a remoer nesa oferta de desemprego (en unidades de mil de persoas) da compañía de teléfonos de sempre, así como a oferta de recompensa para os directivos (en unidades de millón de euros). Non daba crido a problemática de que andaban a falar, e xa que a proporcionalidade das ofertas amosaba ceros de sobra, eu tamén resolvín poñerlles cero euros meus na empresa (directamente, indirectamente xa sei que llos ha dar o goberno cando proceda). E deime de baixa. Xa. Sen máis.
Agora, como estou con outra compañía máis pequena, imaxino que esas primas ou bonus, ou premios ou corrupcións serán un chisquiño menores. Agardo.

Quero indignarme tamén cos bancos e ando a mirar como... (Non vaia ser que eles se indignen comigo antes).







Vive tristeza comigo
desde que te vin partir,
a vida foise contigo
e quedou tan só sufrir.

Ti eras o que eu quería
para ocupar o meu lado
Eu era o que che dicía
que seguía namorado.

Onde estás que non te vexo,
que non che sinto o alento,
Triste estou, pero desexo
volverme sentir contento.

Se ti non has de tornar,
eu tamén hei de marchar
por atopar un lugar
onde vivir sen amar.








.

Sem comentários:

Enviar um comentário