sábado, 16 de abril de 2011

Plantas



Hai anos regaláronme unha planta dentro dun maceteiro de cana. Era un cesto precioso, grande, de cor escura e coas varas mestas e apretadas. Víase moi ben feito. A planta non recordo cal era. Si sei que, ao pouco tempo, o cesto foi papeleira, e despois, anos despois, converteuse en caixón de xoguetes de exterior.

Dun tempo aquí, Gris, que xa é o gato máis humanizado que teño, colle o cesto como seu e métese nel sen importarlle o que poida haber dentro. A min encántame verlle os ollos verdes asomándolle polo bordo do maceteiro. Agora podo dar fe que nunca houbo mellor nin máis fermosa planta dentro del.

Hai regalos que, xa nos lazos que os envolven, resultan inesquecibles.




Gris



Os feros medos que creo
en min buscan aposento.

Son bechos que teño dentro
que están a quitarme a paz,
igual dá verme contento
ou con gañas de chorar.

Proen, proen decididos,
que máis dá hora e lugar,
para estar en min, comigo,
sacan vida de magoar

Como saben como son,
nunca deixan de atacar,
romper o meu corazón
faise modo de me amar.




.





Sem comentários:

Enviar um comentário