quarta-feira, 13 de abril de 2011

Inutilidades


Are you on the list?

Vin unhas imaxes da policía urbana de Barcelona perseguindo a uns que vendían  roupas e obxectos sacados do lixo. A persecución remataba coas forzas da orde incautando todo o material e volvéndoo á súa anterior orixe, de onde volvería a saír de novo para ser outra vez vendido.

As esceas recordáronme unha camisa que me devolveron. Viña nunha bolsa pequena de Carolina Herrera que, á súa vez, me levou a pensar no consumo, e na nosa sociedade...
Era de papel duro, con letras en ouro sobre 212 VIP, con palabras en inglés, (o are you on the list? de antes) lembrándonos a existencia de NYC. Víase xa de lonxe que era de difícil reciclaxe. Ademais tiña as asas de tea, de algo así coma raso branco crú, ou ao mellor fibra artificial, non sei... 
 
Probablemente nos estudos de mercadotecnia que fan os de Carolina Herrera sáelles que os seus clientes non reciclan, nin reutilizan, e tiran directamente ao lixo os paquetes, xusto ao abrilos. Ao mellor fan as bolsas tan boas (ou tan malas, según para que) porque saben que poden constituír unha riqueza para aqueles que as atopan nos vertedoiros, e gárdanas, aínda que non sexa máis que para velas ou  para aproveitarlles as asas.

Ah! E se a bolsa non viñera de EEUU? Non sei, pero úleme a que 212VIP é algo de venda en tendas galegas.

Pero seguro que non son bolsas inútiles.





Perdinme debuxando pensamentos
moi altos na valía e no concepto;
das voltas que tracei, por remarcalos,
quedáronme só manchas no papel.

Perdéuseme o honor aló no fondo,
marchou con sensatez a valentía
e o tempo non curou a estupidez.

Agora nin siquera cando penso,
sinto meus altos actos de valor.

E perdo moi feliz todo interés
nas cousas tan complexas que inventamos
ao facernos a diario outras persoas,
exemplos irreais do que non somos.






.

Sem comentários:

Enviar um comentário