sexta-feira, 1 de abril de 2011

Cambios


Cambiamos ou cámbiannos?

Non o teño nada claro, pero estou convencido que a canción tén razón no seu verso de “quen eu era xa non son”. Algo vai quedándonos no camiño. Probablemente porque as achegas que imos collendo por aí tamén necesitan sitio, e hai que dárllelo.

Recoñézome con máis facilidade en fotos que empezan a ter perdida a cor do que me sinto en historias que recordo vividas dunha maneira ben diferente a como hoxe as viviría. E non me refiro á experiencia, non.

Non creo nesas cousas que contaba G. Bush, e teño para min que vimos do mono. Preocúpame, pois, non ter unha certa garantía de que estou nun proceso evolutivo, e que isto meu non se trata dunha involución. Porque mono non quero volverme.

Non me fío. A ver como son mañá...



Santa Comba



Por che ver a túa cariña,
por te querer namorar
heiche regalar, meniña,
toda a areíña do mar.


Así, se te volves praia,
eu ondas heime voltar
por estar sempre contigo
para poderte bicar.








.

1 comentário:

  1. !Bueno!.Cada vez estou mais convencida de que tes que publicar un libro con todas estas preciosidades feitas versos.Iste pareceme moiiii romantico, listo para namorar.

    ResponderEliminar