Cambia,todo cambia. Pasaron xa os días dun ano desde o comezo desta andaina pública.
Parece que non, pero mudaron unha chea de cousas. Unhas máis
estrondosas ca outras, e algunhas tan imperceptibles que dá sensación de térense ubicado con nós sen permiso. Lóxico. O
tempo, tan relativo el como é, non fixo máis ca adaptarse ás nosas
necesidades, deixándonos tomarlle tódalas medidas.
Eu
tiña por certo que calquera tempo pasado nunca foi mellor. Hoxe non
teño claro qué respostar, porque mira que se empeñan en facerme
crer o contrario!
ITA
Estando tumbada ao
sol
á gata pouco lle
importa
o que pasa lonxe
dela
ou quen anda pola
horta.
Quere sentir a calor
que lle recorda ao
verán
bota de menos o sol
e as sardiñas do
san xoán.
Retorcida de mil
modos
soamente por quecer,
non fai esforzo
ningún,
todo o máis
adormecer.
Tén tan pouco
movemento
que parece estar sen
vida,
se se confunden os
ratos
han de ser a súa
comida.
Faise o descanso
tranquilo
ata que a gata
desperta,
estira patas e rabo,
a boca véselle
aberta.
Afiados e dispostos
os dentes son dunha
fera,
pecharanse decididos
de cazar presa
calquera.
Séntese en zona de
sombra
pola viaxe solar,
Ita-bonita, de Rita,
decídese a pasear.
Vaise alonxando sen
présas
polo máis alto do muro,
dun salto está no
exterior...
volverá con día
escuro!
.
Nunca deja de asombrarme la facilidad que tienes de transformar en arte las pequeñas cosas de la vida cotidiana. Felicidades
ResponderEliminarGrazas!!! Síntome coma un neno ao que lle deixan soprar unha veliña, ademais vén sendo desas que non se dan apagado (así o entretemento continúa).
ResponderEliminar