Teño un dedo vendado.
Lembro o pasado e véxome co
dedo índice da man esquerda apuntando cara ao ceo namentres o sangue
escorrega pola man abaixo.
Empeza decembro tamén e
as canas do millo aparecen secas e en boas condicións para facer
tiracoios. A navalla está afiada de esperón e é cortadora, así
que, unha vez rematados os tres buratos feitos no oco da cana, pódese
quitar dun golpe todo o sobrante.
A min nese golpe váiseme, sen remedio, un anaco de índice, nun corte limpo.
Na casa non se asustan,
quizais para non asustarme. Rin e din “pareces san Xoán ensinando
o dedo”.
A venda non vén desde entón.
Puxéronma hoxe porque case remato de cortar ese mesmo dedo. Coma sempre. Volvendo ás paisaxes coñecidas.
Esquecerse
do pasado...
é
tan sinxelo dicilo
como
difícil logralo!
.
Dise que os que non recordan o pasado están condenados a repetilo. No teu caso vese que lembrar, lémbralo ben, pero repítelo igualmente :)
ResponderEliminarApertas do norte!
Véndoo desa maneira, ao mellor é por iso das infancias recobradas. E vaia por deus!
ResponderEliminarEsa memoria !
ResponderEliminarTes unha inmensa capacidade para lembrar tantas cousas valiosas ! - nomes, situacións, feitos, ocurrencias....! asinándolles verbas,poesía,saudade, beleza..
O blogue, reitero, unha xoia !
....
Parabéns! ( pra que sigas...)
Tin_herva
Sigo, sigo. Si que sigo, porque creo que esto funciona coma unha cura sinxeliña e rápida: mesmo ao lelo eu, dá a sensación que non foi para tanto e, se me apuran, que mereceu a pena o sucedido. Será que o optimismo fai que se lle atope o positivo a todo canto acontece!
ResponderEliminar