Tanto
me dá coma tanto me tén. Pero as cousas non son así. Non vale desa
maneira, por máis que nas xeneralidades un poida estar de acordo.
Non me parece xusto que se aluda á xuventude machista por uns datos
sacados sen máis dun xornal. Non é que os periodistas non sexan
historiadores, que seguro que o son, pois como a historia sempre se
conta desde unha óptica, vale ben. Mais eu tiven a
fortuna?-desgracia? de ter lido, antes dese artigo, outro diferente.
Lembroume tamén Suso de Toro esa forma de chorar sen
máis, coma cando chove sen necesidade, sen que o pedise a terra para
refrescarse, nin por cambiarlle a face ao que se ve. Chorar por
chorar, vamos. Só porque a culpa é dos outros, nunca dun mesmo, nin
tan siquera daqueles que case son coma un.
Agardo,
distante da ilusión.
As cores pouco brillan,
moi iguais,
en horas repetidas a cotío.
Desexo que se perde,
esvaído,
matado,
en reais desigualdades,
en crueldades.
Tempo non gastado
que nos gasta
deixado polo lonxe,
nun non foi.
Sem comentários:
Enviar um comentário