Estes días andan os
periódicos medindo ben o que din, non vaia ser que conten demais pois, como en case todo, hai segredo de sumario.
Sumariamente, así visto,
son pequenos detalles aos que xa estamos afeitos e que non chaman a
atención de ninguén, todo o máis aumentan a popularidade das
persoas involucradas de xeito directamente proporcional ao cadal
acumulado.
Hai anos, ante a
ausencia de medios de difusión, estas curiosas historias eran
contadas polos cegos de feira en feira; hoxe, non sei se por
influencia da ONCE, nin os cegos contan nada, pero, por se lle cadra
que queda algún por aí, con voz e voto, deixámoslle un
rudimento de romance.
Cantar para corenta
millóns de cegos (ou xordos, ou mudos, ou ...)
Contáronme
unha película
que
seica acababa mal,
unha
historia principesca
dentro
dun amor fatal
Os
protagonistas eran
tan
vulgares coma nós,
se
por casual atendemos
aos
seus ataques de tos.
Vivían
nunha mansión
xunto
cos seus raparigos,
felices
e moi contentos
escapando dos perigos.
Sendo
de real familia
érannos
moi coñecidos
pero
que non haxa engano,
eu
non sei se eran queridos.
O
seu amor, o diñeiro,
non
se vía suficiente,
necesitaban
ter máis,
acaparar
era urxente.
Moitos
variados negocios
que
debían ser rendibles,
tentando
deixar pegadas
realmente
imperceptibles.
Enamorados
das illas,
por
rutinas de verán,
cobraban
euros a miles
dándolle
ao poder a man.
Unha
vez feita a fortuna,
os
fillos e a parella
empezaron
nova vida
gardando
os cartos da vella.
Pensaron
así en ver mundo
como
dixo a prensa rosa,
establecéndose
en usa,
pondo
pés en polvorosa.
Contentos
todos vivían
coma
en foto de nadal,
e
se máis días pasaban
máis
aumentaba o cadal.
Cando
apareceu facenda
para
cobrar os impostos,
o
sorriso que levaban
conxelóuselles
nos rostros.
As
esperanzas morrían,
escapábase
a ilusión
ata
se callaba o sangue,
tan
azul, no corazón.
Os
papeis aparecían,
a
crítica non paraba,
mais
na colmea social
mesmo a raíña calaba.
Malpocada a namorada!
Que
muller tan inocente!
Nunca
soubo cousa algunha,
ela
víao diferente.
Para
el non hai desculpa,
armou
as de san quintín,
en
todo meteu o cazo
e
resultou un pillín!
Se o chegan a xulgar,
ha
de ter quen o defenda,
non
poderán castigalo
nin o xuíz, nin a facenda.
Véndose
lonxe da lei,
pobre xustiza social!
Moi
poucos valen igual
que unha familia real!
.
Sem comentários:
Enviar um comentário