O pai do bebé mecánico chámase Evaristo, pero todos o coñecen por Coné.
Un veciño novo que tén por alí séntese ofendido de que a xente non lle chame polo nome e sempre fale del polo apodo. Un día preguntoulle a un coñecido común por que lle chamaban Coné. O outro asombrouse de que preguntase iso, pois pensaba que era máis que claro.
-Isto vén de vello, ho! Como cando era pequeno os vellos chamábanlle todos Avaristo, el non facía máis que repetir con e!, con e! Pois aí está: Coné.
Eu non creo o que nos din,
mais ben creo que nos menten,
falan dos problemas nosos
pero xamais nos defenden.
Viven a conta do conto
desde hai unha chea de anos,
eles son donos do circo
e nós facemos de ananos.
Triste mundo que nos toca
que só ve como real
e digno de adquisición
aquelo que é material.
Sem comentários:
Enviar um comentário