domingo, 22 de maio de 2011

Estereotipos





Sempre me disgustaron os estereotipos. Creo que son a simplificación boba das cousas que os listos de turno imaxinan que os mortais non somos capaces de entender. Son absurdas, estúpidas e simples, na peor das súas acepcións, convertendo aos que os usan neso mesmo que están a ofrecer.
Hai unha chea de cousas así, para tódolos gustos e sobre tódolos aspectos da vida.







O vídeo non define ás persoas das que supostamente falan. Ensínannos realmente a eles. E á xente que lles paga por facéreno, así coma á xente que o cre e pásao ben véndoo, ríndose tanto coma nas películas de Torrente, ás que tamén lles acaban dando a razón.
E así nos vai. 

(Por se esta é unha visión moi obcecada e moi subxectiva, pódese ver estoutra de el jueves )






Ocúpame pensar en como somos
nas substancias empregadas en facernos.

Substancia, evolución, auga tal vez,
esencia polo tempo destilada,
nos minutos  que dan, sen pedir nada,
espazos en  infancia ou madurez.

Estrutura, amalgama persoal
nos valores debaixo dunha pel,  
bondades e maldades, fiel infiel
ocupados   na loita individual.

Distintos, diferentes, non mellores
con fallas de conduta e de moral
lonxana nos principios e valores,
poñendo a acaparar  como final,
pura  avaricia presente na ambición,
esencias que respectan o guión.












.

Sem comentários:

Enviar um comentário