Que é unha instalación?
Algo que fai o instalador. Pero non sempre.
Que é un restaurador?
O dono dun restaurante carísimo (ás veces segue sendo caro aínda que non teña restaurante).
O dono dun restaurante carísimo (ás veces segue sendo caro aínda que non teña restaurante).
Que é un creador?
A saber...
A saber...
No mundo dos eufemismos todo é un puro baile de palabras que non significan absolutamente nada; só son o que cada un queira supoñer. Matices que separan os deseñadores das modistas, artistas de cantantes, arquitectos de construtores... E a inventar propagandas!
Non sei que puido ser o que levou a Cervantes a escribir toda a súa vida. De Cunqueiro algúns din que si que se sabe. Sabato tivo a fortuna de poder seguir escribindo pasados xa os noventa anos. Estes tres, e moitísimos outros, han ser, para sempre, artistas.
Creo que os demais son profesionais, pero nin eso o teño moi claro.
.
Eu tiven un amigo moi pouco interesado,
Que regalou palabras,
Que conquistou vontades
E repartiu promesas.
Que forneceu o espíritu coas cousas máis sinxelas,
Que fixo bo o propio ao dar valor ao noso.
Eu tiven un amigo, amigo das persoas,
Amante das palabras, e delas fixo oficio,
Incluso condición.
Buscábaas afanado nos sitios habitados
Meténdose entre a xente,
Pedíndolle opinión.
Igual que o cazador, de oír algunha presa,
Collíaa con coidado querendo vela súa,
Dicíndoa por oíla,
Reténdoa no interior.
Sabéndolle os seus usos poñíaa na súa pel,
Deitábaa no seu peto e dicíaa outra vez
Tentando compartila por mor de darlle vida
E á lingua enriquecer.
Eu tiven un amigo que tiña mil palabras
Que agora temos nós.
Eu tiven un amigo.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário