sábado, 14 de maio de 2011

Seres fráxiles

A traxedia andou polo sur. Os terremotos amósannos a fraxilidade das nosas  construccións, e a fugacidade da vida humana. O desconsolo das vítimas tén a mesma cara sempre, sexa cal sexa a parte do mundo afectada polo desastre, máis, a nós, a proximidade física dos lugares transfórmase ao tempo en proximidade de corazón.

Ninguén anda a salvo das forzas da natureza, polo que se pode ver no mapa de problemas sísmicos da península, onde  ata a mesma Galicia se ve afectada. Se un se deixase levar polas cousas da xeopolítica non daría pegado ollo…

Hai días a información versaba sobre o lago das Pontes, ubicado sobre unha falla activa, e capaz de orixinar un tsunami. Os veciños da vila, en cambio, están contentos e expectantes, pois parece que o lago, coas súas posibilidades náuticas e a súa praia,  pode dar pé a que apareza  unha zona turística. Cambios haber xa os hai: néboas máis  persistentes e regulares.

Non pensemos nos problemas: se han de vir, abondará preocuparse cando sexa o momento. É sabiduría asiática: se non ten solución, para que te preocupas?, e se a ten, por que te preocupas?   













Se escribo cando choro e mollo a tinta,

sae así o  agachado no papel
os monstros reprimidos longo tempo
fugados do interior a darse  ver;
aí fóra reunidos, xa non meus,
non sinto que me queiran pertencer,
collen vida e uns rumbos cara lonxe
felices no abandono do meu ser.

Se choro e non escribo, perdo todo,
mágoas polos mundos conseguidos
con penas que me chegan, dolorido
se aparecen un e outro para que
de tanto tempo. Esforzo inútil
no principio, no estéril do labor
baleiro e sen valor, sen esperanzas
que ocupen o  lugar de tanta dor.















.



Sem comentários:

Enviar um comentário