segunda-feira, 23 de maio de 2011

Por que?

Esta pregunta estase  a revelar transcendente neste mes de maio que se esgota.

Por que perdemos sempre, mamá?,  preguntoulle unha nena duns oito anos, moi espelida ela, á súa nai, amiga miña, onte á noite mentras vían os resultados das eleccións municipais. Por que?

Hoxe vexo xa as cousas máis azuis, distintas no fondo e na forma. Miro atrás, e decátome do errado que ando, do completamente equivocado que estou. E só sei preguntarme por que. Lembro o que escribín co título de …., patria querida!  e non podo menos que sentirme coma un pasmarote, coa boca a deixar entrar tódalas moscas do mundo, sen chegar a vocalizar por que.

Azuis, véxoas, e negras tamén.  Por que pasa eso no país laranxa, e nas illas, e na terra dos muíños de vento convertidos en xigantes? 

Postos, ata  raro me parece que nun ceo tan azul se estivese falando de Sol.







No azul ...

Azul de ceo.
Azul de mar buscando nas colores.

Eu quero verche  o azul desde tan preto
que deixe de existir o infinito,
pasando a ter comigo, aquí, a rentes,
azul celeste.

E sei que no azul hei recollerme
gañando a túa calor, deixando o frío,
co abrigo dese  mar de confianza
azul verdoso.

Acéndeme os  azuis máis apagados
mirándome a  sorrir  con eses ollos
espellos para a fe,  para a  esperanza:
 azul gozoso.





Azul escuro ha ser o do  final,
 se   todo se me volve máis  de chumbo.
Azul de ceos feos con gaivotas
a rir das utopías dos meus soños.
Azul penoso.









.

Sem comentários:

Enviar um comentário