Estamos feitos da mesma materia que os soños, dicía Shakeaspeare, e dicíndoo el é certo. Case estou por aseguralo. E as caras tamén o aseguran. Véndoas pódese dicir que hai de todo. Soños diferentes, soños doces, tristes soños. Mesmo soños premonitorios e soños infundados.
Estou falando do partido de hoxe. Acaba de rematar e algúns seguen por aí boreando e soñando xa con outras cousas.
E el, o que non se viu? Soñaría? Ou tería os mesmos pesadelos que anda a provocar? Pode.
Sería como ti queres
se ti me quixeses crer.
Deixaría de ser eu
sen telo que parecer.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário