sábado, 28 de maio de 2011

Máis mazás




Paseando polo xardín acordeime de Eva, e volveron a min as mazás. Ao primeiro, deille voltas a como se poden transmutar as cousas. Dun anaco de mazá, Adán acaba cunha noz. Dunha froita, a un froito. Incrible. Pensei tamén que a noz en si ven sendo madeira, e á xente pouco asisada díselle que ten serraduras no cerebro. Unicamente así se entende  que cambiaran un xardín coma o que tiñan, no que non pegaban póla,  por traballo e suor… E todo por unha mazá.



Sigo aínda con eso das mazás, e temo acabar con indixestión, pero co do dono de Inditex as cousas son doutra maneira. De feito lin algo sobre os seus traballadores de A Coruña. Parece que non quere asustalos con traballos de por vida para conseguir as súas mazás, e á maioría dálles ocupacións eventuais. Así seguro que non se lle queixan tanto, e, ademais, para que non súen moito, os seus horarios son de arredor  dunhas vinte e catro horas á semana.


Claro que ao mellor é porque non tén tantos cartos como din, e necesita ir transmutando o traballo dos demais  nesas mazás que tanto lle g(c)ustan…







Mireite lavando a roupa
mireite a mollar no río
e por máis que quixen verte
nunca te mirei comigo.

Se me dás o que ti gardas,
se me dás o teu amor,
heiche de dar canto teño
gardado no corazón.







.


Sem comentários:

Enviar um comentário