domingo, 15 de maio de 2011

Moitas...

Moitas gracias!

Ao redor de cento cincuenta millóns de persoas puideron oír dar as grazas en galego, o sábado catorce de maio, preto das once da noite. 
Nun mes de actos de exaltación lingüística, é salientable a actitude de Lucía Pérez con respecto á  súa (nosa)  lingua e á súa terra.
Grazas a xente coma ela,  un pode esquecer, neste tempo de eleccións, as actitudes dos nosos políticos, auténticos enterradores da nosa historia.
Hai quen cre que só daremos chegado ao destino se somos quen de lembrar de onde vimos.





A canción
de Antonio Flores
Idealizaba
Algún ceo sementado de arrecifes de coral
E nós,
sen sentilo,
Xogadores a  ter tacto,
Con sentido,
Percorréndonos a pel.

Inventámonos os dous,
Como  metáforas,
Debuxando un lugar descoñecido,
Ilustrado polas pencas da calor
Emanado de paisaxes de paixón.

Só creamos un silencio
Para nós,
Non para o mundo,
Sen oírmos o final desa canción
Por tornarnos en  escravos dos sentidos
Noutra música tocada.
Orixinal.









.



Sem comentários:

Enviar um comentário