segunda-feira, 13 de dezembro de 2010

13, non martes


Desde hoxe mingua a noite e medra o día. Poderiamos darlles xa a noraboa a todos os insomnes que non saben ben que facer na noite que estamos a padecer. Xa o tiña claro Celso Emilio, e iso que a noite esta era aínda nova.

Por santa Lucía!


Buscamos o raio verde
pero atrapounos o fado.

Para ver o raio verde,
por achar a confianza que daría
ao sabernos namorados,
moitas tardes perseguimos ese sol,
houbo brisas,
con paseos memorables
e mais música de fados,
nunca vento
que levase lonxe as risas, a ilusión
de estarmos xuntos.

Vimos soles a pousarse,
abrigados pola bruma,
nun mar de cambiantes cores moi azuis,
de transparentes dourados, brillantes,
con vermellos, amarelos, quizais verdes...

Mais non quedamos seguros,
nós miramos eses soles
ou, na música dos fados,
eran ollos os mirados …?


.

Sem comentários:

Enviar um comentário