O pudor é algo que non se sabe moi ben para que serve.
Quizais vivamos nunha epoca de irreflexión, de consumo compulsivo, e de actos sen consecuencias. Falta fai. Hai pouco aínda, escoitei dicir “a mí las huevas de centurión no te me gustan nada”.
Así, ¿que evolución houbo desde a época dos escravos alimento de moreas, ata esta na que os alimentos son as partes do romano?
Coidado co que mercamos para o nadal.
¡Benvidos creadores!
Escribide
historias de paixóns que nunca ocorren,
tormento tras tormento con mentiras,
moi lonxe destas vidas do común.
Creade e construíde, letra a letra,
fantásticas paisaxes para o mundo,
cantando o corazón en ollos ledos,
estrelas, lúa ou sol, así seremos.
Facédenos amantes. Volvédenos
románticos galáns neses papeis
de soños editados por encargo.
(en edición limitada)
Preciosos materiais: certas palabras,
feiticeiras ilusións evocadoras,
meigallos con traizóns, encantamentos...
Fábulas reais dos novelistas
que nos deixan vivir de modo eterno,
cal intrépidos heroes reconvertidos.
E de seren os relatos máis correntes,
ocupándose de temas ordinarios,
felizmente noutra voz habitaremos.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário