Seica os romanos estiveron a criar moreas en estanques, xa que a súa carne era moi sabedeira e delicada. Incluso dicían que melloraba se eran alimentadas con escravos.
Os romanos foron quen a chegar a unha sociedade moi desenvolvida. Imaxino que algo así como a sociedade do benestar.
LISBOA
Lisboa, velha cidade Cheia de encanto e beleza! Lisboa Antiga. Fado Amália Rodrigues
A música triste dun fado saudoso,
ou as vellas rúas no barrio da Alfama,
confírmanche un mundo difícil de ver.
Eu sei que eras, antes, Lisboa fermosa,
a porta de Europa aos mares do alén.
Perdiches a xente, murcharon os soños,
do moito que fuches queda o resplandor
nos ollos dos homes, na fala do pobo,
en libros de historia e nos corazóns
das xentes que hoxe percórrenche as rúas
desde a Mouraría ao Chiado, ou Belem.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário