Estiven dándolle voltas ao maxín por ver actos de xenerosidade nos humanos, xa que traen na prensa un artigo sobre os chimpancés, aos que se cría, erroneamente, non altruístas, pensando que esto da xenerosidade era cousa humana, aprendida nos últimos seis millóns de anos.
Con estas noticias eu collo complexo. Tardar todos eses millóns de anos para aprender a compartir, e ver todo o que está pasando agora mesmo en todos os continentes, só demostra que tardamos moitísimo en aprender e, por riba, aprendemos moi mal.
Avelairiña, rei rei,
ata che chaman xoaniña,
pero de tódolos nomes...
para min margaridiña!
Onde vas margaridiña
batendo tan forte as as?
Se as segues batendo así
ata as manchas perderás...
Margaridiña con manchas
pintadiñas con bo xeito,
escolliches a cor negra
que eu tamén levo no peito...
.
Sem comentários:
Enviar um comentário