domingo, 21 de agosto de 2011

A saída

Se a intención realmente abonda, e con participar todos cumprimos, non temos de que  queixarnos. 
Déixannos participar, e a nosa intención vai por ese camiño, para axudar, pois para que algúns gañen, resulta imprescindible que moitos perdan.




Os ríos (III)
Chega o sol pola mañá
para darlles a saída:
desde as brañas nas que nacen
ata esa mar perseguida.

Entre os brións e as carqueixas
érguese a saramaganta,
cal gardiana vixiante
por se algún deles adianta.

Collen terra, deixan augas,
Ouro e Landro na central,
Sor, oeste e, para o Masma,
queda alí a zona oriental.

Augas limpas, transparentes,
o Ouro é o máis pequeniño,
sen cargas que transportar,
colle dereito o camiño.

Non fai o mesmo o seguinte.
O Landro sábese grande
deixa un lado, vai por outro
¡Non quere que ninguén mande!

Sen pensalo dúas veces
tira adiante o río Sor.
Por saberse como é,
xa se sente gañador.

Máis tranquilo parte o Masma.
Cando se pon a xogar,
xoga ben, disfruta moito,
gústalle participar!

O que vai na banda sur
vai con forza, vai gañar
se o Atlántico está lonxe,
o Eume ten que apurar!






.

Sem comentários:

Enviar um comentário