Festa de patrón aí ao lado. Nótase que estamos en tempo de aforro, pois as bombas de palenque das oito da mañá debían ser unha ducia ou así. Moitas non. Pero fixéronas durar coma se fosen duascentas. Tardaban tanto dun foguete a outro que me daban tempo a durmir e a espertar de novo co seu son.
Lembreime de Bill Murray e de Andie MacDowell na película de Atapado no tempo. E como me asusta o mito de Sísifo, erguinme de contado. Non vaia a ser o demo...
Serenos,
vixiantes incansables
atópanse de frente.
Constantes,
sen présas que os acucien
recollen para eles toda a historia
Un día,
se eles queren,
cantarannos
coas notas que emocionan no espíritu
sentíndoas achegadas ao interior.
De ser solicitados serán guía
e fachos ás escuras,
sabendo na experiencia que dá o tempo
quedarse voltos cerne impenetrable,
prolíficos,
xerando mil de un en cada día.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário