Que non eran moitos debe ser seguro. Eu estiven na festa e había uns cesteiros (póñoos de primeiros porque foron os que máis me chamaron a atención, polas cousas que facían, a pesar de que nalgunhas empregaban os vimbios verdes, que, xa se sabe, bos non son); outros estaban facendo algo semellante a unha cabana de caxigos que servía de base a outra futura de adobe, feito con terra, barro e palla mesturados; uns ferreiros de antes, pero con cousas de agora, a facer coitelos cos nenos, e incluso taberneiros a vender cervexa celta, importada dos checos por unha empresa compostelá. Celtas, o que se di celtas, non vin moitos, nin peninsulares; por alí, se tivesemos que porlle nome aos fumes, falariamos de marías, mais xa digo, celtas non.
A min o que máis me gustou daquelo, se son sincero, foi o galo e as galiñas piñeiras, non as de mos, nin as vacas cachenas, nin tan siquera os porcos celtas. Creo que as galiñas piñeiras teñen un señorío, e un saber estar que lles ven dado pola súas crestas orgullosas, ou pola fachenda coa que o galo loce as barbas, non sei seguro, pero vense algo máis ca galiñas de pau de galiñeiro.
Nota triste.- Agora si. Entendo cales on as razóns do recorte do salario aos funcionarios, pensionistas e e asalariados en xeral. Explícao moi ben La Voz de Galicia. Non me gusta nada este periódico, pero que ben explica as cousas para os que non sabemos!
Pero ao mellor non entendín de todo ben...
Nostalxia,
Lembrar o deber de esquecer
Desexos de amor na dor de querer.
Tristeza.
Vivir, reter, prometer
Paisaxes reais lonxe do sentir.
Amor que se dá,
Que se fai morrer,
Lume gardado ao vaivén de vivir.
Nostalxia profunda,
A modo de dor
Desvestida en tristeza de amor.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário