Somos intelixentes, racionais, tremendamente complexos no funcionamento e, ás veces, no razoamento; pero simples e maquinais nas rutinas. Así non resulta raro que nos pase o que nos pasa.
Agora que todos temos xa na mente o noso imperdoable despiste, eu só pretendo xustificalo, non darlle importancia, poñelo na súa xusta medida e adiante. A buscar outro ou outra que sabemos que tivo algún moito peor. Porque sempre o hai. Seguro.
Se as persoas nos despistamos, como non se van despistar os ríos?
Os ríos (VI)
¡Pobre Sor! Non vai gañar!
Menudo despiste tivo,
cando xa o mollaba o mar,
que volta deu sen motivo!
E do Eume, que contar?
El comezou confiado,
non correu, non apurou
e agora vai retrasado.
Antes de chegar ás Pontes,
aínda lle vén un mareo,
falan de mina e central,
imaxina un sitio feo.
Cando se atopa nas Pontes,
el ben ve tres chemineas,
dúas gordas e unha alta,
tan tan alta que marea.
Mareado, na Ribeira,
cae o Eume desmaiado,
dorme un pouco, sen andar,
no encoro, medio embalsado.
Atopándose nas Pontes,
do mar el segue alonxado,
como non cambie de ritmo
non dará calificado...
O Eume xa está enterado:
O Landro vai de primeiro,
distantes son Ouro e Masma,
co Sor a chorar tristeiro.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário