Agosto trae un aire de remate de verán que lle asoma desde o primeiro día. É como cando abrimos o bote das olivas, e por máis que non vaiamos comer todas dunha vez, o bote xa o damos por esgotado. Pois algo así é agosto e o verán. Unha preparación lenta, e ás veces excesivamente seca, para a chegada do outono. Ademais como en política están de vacacións, andamos sen ter que facer, sen lerias que nos entreteñan, o que contribúe a que ese non aprezo excesivo que lle manifesto a agosto teña bases nas que se asentar.
Que estean de vacacións é lóxico, todos as temos.
Ao peor, non todos; os directivos de Repsol, os de Telefónica e os do Banco de Santander non collen, porque teñen moito que traballar, para que as empresas vaian ben e dean emprego e satisfaccións polo mundo adiante, o mesmo que as darán os funcionarios que vaian cobrando menos, coma o resto da xente que cobra demais e debe irse apuntando a un IVE maior, tal e como recomendan os sabidos do FMI
Agosto, mes dos santos de pequeno,
antigo mes de Lugh para casar
amantes deses deuses de verán
nacidos dunha terra por labrar .
.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário