quarta-feira, 5 de janeiro de 2011

Descartes

Un dos xogos que me gusta é o subastado. O de catro máis, pero ao de tres tamén xogo, se podo. Decisións difíciles nesas partidas soen ser as dos descartes. Igual acontece no chinchón. E non digamos no póquer.

Descártome, logo existo. Nunca houbo unha verdade máis clara. 

Todo é xogo.





Eu sei varias palabras importantes,
certas verbas feliz tempo confiadas,
co encanto sedutor na súa pronuncia,
a ventura e arroubo dos oídos
tan perto da calor do sentimento.
Veladas polo amor interesado,
vividas con fortuna e con cariño,
palabras con estrelas como norte.

Desorientado xa, eu non as sinto,
destino así cruel é o desencanto,
desconfiadas palabras estas outras,
desconcertos fatais no desalento,
desventura que achega para nós
desnuda, desvivida e desnortada,
desvelando un final non desexado,
desperto o desamor desde o desdén.





.



Sem comentários:

Enviar um comentário