segunda-feira, 10 de janeiro de 2011

Mamuts

Acaban de darme o recado:  non debemos comer a carne de mamut.  Aínda que estea conxelada non sabe nada ben, e non se debe comer porque non é perfecto o seu estado de conservación. Agardo que a ninguén se lle ocorrese ir a Siberia a facer buratos  para sacar un animaliño deses, pero se xa é tarde e o mamut  está en adobo, por favor, non o comades!

 Nota.- De non haber outra alternativa, pódese substituír por unha pizza a domicilio ( p.e.)


Fe nos outros

A vida,
sucesión complexa de imprevistos
con desexos incumpridos.

A vida retórcese nas nosas mans
e dános,
sen pedirllo,
confianzas, amizades e cariño.
Tempos gratos.

A vida,
loita xorda de querer
                                       contra poder
tódolos días.

A vida faise forte en sentimento.
Dá entrega sen esforzo.
Garda soños na memoria.

A vida.
As cousas nas que cremos.








Sem comentários:

Enviar um comentário