Cando nos facemos pequenos ollamos de lonxe tempos que nos ocuparon xogos. Deles, con sorte, moitos están xa no limbo, substituídos polos avances da ciencia e técnica actuais, esas que son capaces de volver real o irreal, perdón, o virtual.
Os que ven esto un pouco raro, quizais recorden algún dos xogos de nenos de poucos xoguetes e escasa imaxinación que, facendo exactamente o mesmo, eran capaces de trocar un garabullo na mesma espada de Robín Hood (eso si, sen teren idea de quen era Robin Hood).
Algúns dos menos sanguinarios colliamos polo camiño das sortes e, despois de botalas, amañabámonos coa panda, as lombas, o marro e cousas así.
Avelairiña querida,
se na folliña te pousas
é por falar coa formiga
ou por facer outras cousas?
Avelairiña parada,
cando te pensas marchar?
Eu vou contarche esas manchas
se non te pos a voar.
Avelairiña preciosa,
por que che chamei rei rei?
Se te miro tan fermosa
de ti me namorarei.
De vir unha avelairiña
a pousarse na túa man,
míralle os puntos das asas
por ver as voltas que dan.
.
Sem comentários:
Enviar um comentário