domingo, 2 de janeiro de 2011

..., patria querida!


"Más allá de las amarguras inherentes a una decisión tan difícil como dolorosa, siento que mi deber me obliga a dar este paso para hacer las paces con mi propia dignidad personal”
Son palabras que expresan a calidade dunha persoa. Todos vemos, neste acto difícil, o valor que se debe posuír para levalo a efecto. A min lémbrame heroicidades históricas diversas, aprendidas nos libros escolares e que serviron de guía para as nosas almas (sobre todo naquilo que se chamaba formación del espíritu nacional). Por moito que, como humanos, se nos poidan supoñer altos valores, o de chegar a establecer como tábula rasa da moral pública a dignidade persoal, é algo loable en si, veña de quen veña. Polo tanto, grazas.
Grazas ao señor ex-ministro de caza e pesca, ao encargado dos barcos de plastilina, por esta frase fermosísima que pon fin á súa militancia no pp (oh no!), por non deixarlle presentarse como candidato á presidencia da súa comunidade (oh si!).
En realidade dáse de baixa porque os do seu propio partido insultárono a el, a un militante máis, sen ningunha educación (o da educación vai polos outros, claro). Entre os agravios tremendos, sexagenario, nada menos que sexagenario. Non pensemos que farán cos que non son militantes, ou cos afiliados a outro partido...
No anuncio, o dono do xogo de mesa marchaba levándoo se non lle aceptaban pulpo como animal de compañía.
Cando eramos pequenos, as normas do fútbol tamén as impoñía o dono da pelota. 






A voz dun home, un poeta
sacando, da terra erma,
flores novas.

Un soño na terra viva,
buscando aquí neste mundo
ser persoa.

Terra erma e terra viva,
feitos home inquebrantable,
mil camiños.

Vieiros de liberdade,
porfías contra inxustizas,
navegando...

Ilusión inconmovible,
esperanza na memoria,
fe na xente...

Home bo, perdido e triste,
na derrota por querer
ser, só ser.

É o teu pobo o que te espera...
outras dores aínda agardan...
luz na noite!

Noutras voces, máis poetas
pintarán nas mesmas cores
o teu mundo.

Defendías alegrías,
inquedanzas dos humildes.
Non soñabas...

Sendo alento salvador
tés valor incalculable:
es eterno!

 




.

Sem comentários:

Enviar um comentário