sexta-feira, 28 de janeiro de 2011

Fumes

    O do tabaquismo é un serio problema, mais, actualmente, estanse a tomar as medidas necesarias para que vaia deixando de selo. E eso está ben.

     Problema é tamén que, con tanta crise, acabemos restando postos de traballo. Ocórreseme pensar en todos os que se daban moitos fumes, ou incluso nos que os vendían (os fumes, refírome). Pobres, que van facer agora? É momento de buscar alternativas que potencien o mercado laboral reconvertindo as dificultades en apoios. É tempo da intelixencia, da eficacia, da lóxica. Da efectividade real, en suma.
    Sabemos que é moito pedir, pero poder, pódese. Se os demais son capaces, nós tamén.

    Vexamos un exemplo destes días:
    Contaminación de fumes excesiva, e non tolerada pola UE, en Madrid, tal e como demostran os medidores dependentes de medio ambiente municipal, da Sra. Botella en concreto. Grave problema? Solución drástica inmediata: Supresión dos medidores ubicados nas zonas máis contaminadas e medición  urxente noutros lugares máis limpos (por exemplo, algún monte ou zona verde próxima).

    Ánimo, que ademais doutras vantaxes, polo fume pódese saber de onde vén o vento.




Os aplausos aplastaron as pombas
anunciantes da paz que declaraban,
a paz inexistente e de mentira;
aplaudíanse os homes e as mulleres
por portaren medallas vitoriosas;
peitos inflamados coa soberbia
cal galos no poleiro da tribuna
gañada por venderen unha guerra.

Espallados polas chairas, baixo lombas,
e sen cruces a marcaren indebidas
o instante en que a vida se perdeu,
quedan ósos recordándonos os soños
diluídos ao cambiárense por odios
inducidos, con perversa intención,
contra outros semellantes (por iguais)
empeñados, coma eles, en vivir.






.

Sem comentários:

Enviar um comentário