domingo, 13 de março de 2011

Armas



     Seica a poesía é unha arma cargada de futuro, e a min iso non sei que me parece (si que o sei, pero non vou poñelo por escrito). Seguro que a poesía serve para a guerra, ao fin e ao cabo son palabras e máis palabras, e as palabras, xa se sabe, firen, danan, fan mal, magóannos e, por que non?, mátannos. Hai peor guerra que esa? As palabras que se din, as que se calan, as que só se insinúan caladiñamente por medio dunha mirada de esguello, son suficientes para establecer un campo de batalla infinito, só marcado polos demos que poidan baixar a axudar a defender posición. E dise que as armas cárgaas o demo (eran armas as palabras, que eran poesía). Éche o demo. Que máis dará que estea cargada de futuro! Xa é presente.

     A min gústanme as palabras. Todas. Gústame pensar que, máis ca armas, son xoguetes dóciles nas nosas mans.




I


Cando me teña que ir...



Non quero curas nin monxas,

non quero rezos por min,

eu quero como compaña

a túa maneira de rir.







.

Sem comentários:

Enviar um comentário