quarta-feira, 9 de março de 2011

Refráns



Os refráns son formas evolucionadas da cultura dun pobo. Cada refrán é, así, un verdadeiro tratado de filosofía ao que lle podaron todo o accesorio.

Lembro un profesor, creo que máis mestre que a maioría dos profesionais que me ensinaron, lembro, digo,  un mestre que tiven, cun libro ou o periódico do día a asomarlle polo peto da chaqueta. Recórdoo con chaqueta, sen gravata, pero sempre, verán e inverno, de chaqueta. No outro peto o sitio, durante tempo, estivo ocupado por un libro en edición rústica ao  que lle cadraba ben o debuxo dun paisano con boina que lucía na portada. O autor, que non tiña máis mérito que o de recompilar (que non é pouco) era  Xosé Moreiras Santiso. O título do libro, lóxico, Os mil e un refrás do home galego.


É unha pena que moitos paxaros non niñen nos niños do ano pasado.





As escolas son lugares
onde se xuntan os nenos
por dar voces, facer risos
e aprenderen máis que menos.

As escolas son as fontes
nas que se bebe a instrución,
grolo a grolo e boa sede
os que prestan atención.

Un neno que vai á escola
é sempre un neno contento,
cando fala, se é que escoita
ou cando está en movemento.

A esola ten os seus mestres
para formar aos pequenos,
mestres que deben saber
que saber non é o de menos.

Se pensamos nunha escola,
pensamos en aprender
e se lle poñemos nenos
poñemos a quen querer.




.




1 comentário:

  1. A min gústame o blog. Por coherente (V).
    Non baila. Nin anda dando tumbos.
    Unha férrea constancia -coherencia - nuns principios básicos
    ( comentario + poesia : sempre novos e diferentes)
    aportan unha beleza extraordinaria.
    Non defrauda.
    Gústame.
    Parabens.
    tin_herva

    ResponderEliminar