sábado, 19 de março de 2011

Pais

Eu celebro o día do pai. Son feliz de poder disfrutar do galano de ser pai, de poder dar algo de min e de recoller froitos de momentos de pracer que se volven duradeiros. Amar,  falar, compartir, merecer, querer, aprezar, estimular, deixar, sentir, ilusionar, pedir, rir,  atraer, convivir …. son só uns poucos dos verbos positivos  que me foi permitido conxugar polo impresionante feito de ser pai. E hoxe celébroo, non moitísimo máis que outros días, porque é raro que non o celebre  case a diario, e mesmo hoxe ata dun xeito especial. Agardo que tamén haxa persoas por aí adiante que celebren ser fillos. 
 
Se o penso, unha das cousas que máis lle agradezo á miña  vida é o tempo que me deixou para poder ser pai. E a sensación que teño é que o usei todo. Completo eu. Feliz.

O martes próximo é o día da auga. Estou a darlle voltas por se teño algunha razón persoal para identificarme coa auga; ao fin creo que en máis do oitenta por cento  …






Eu vino darlle amor a culleradas,
poñerllo, delicado, nos seus beizos,
tocando as comisuras só con aire
tan suave coma as as da bolboreta.

Eu vino abrigala con tenrura,
vestíndoa, rematando polos pés,
a poucos, decidido na demora,
prolongación real de sentimento.

Eu vino lavala día a día,
resignado, capaz, con calidez
extendida pola auga e pola pel,
alí fragancia, olor, frescor de auga.

Eu vino prestarlle as súas palabras,
dándolle as memorias xa perdidas
con contos, con historias coñecidas
na busca de quedarse cun sorriso.

Eu vino ser bastón, ser pé de apoio
adaptando o paso a outro compás,
percorrendo camiños para andar,
acompañando por acompañar.

Eu vino ollar de frente á súa vellez,
desencantado ás veces, pero vivo,
desexando prestar unha opinión,
triste e cansado, lúcido e activo.





.






1 comentário:

  1. ...Os meus fillos e os meus pais...

    Ti escrebes o que sinto eu!

    Pilar

    ResponderEliminar