O cine español recadou oitenta millóns de euros o ano 2010, segundo conta EL País, e están contentos. Tamén anda feliz Santiago Segura que, na fin de semana da estrea, obtivo uns oito millóns de euros.
Sic (ou era RIP?)
Menos mal que o Estado aínda subvenciona ao “Séptimo Arte”, e vaia artistadas que fan!
Sinto cantar o merlo
moi decidido,
canta por ter de ti
o teu cariño
Non teño medo do merlo
por moito que a ti che cante,
máis medo teño de min
de non saber namorarte
.
A min gústame o blogue. Por poético (VI).
ResponderEliminarO lóstrego da reflexión diaria tapa, moitas veces, a fermosura da poesía
( quero dicir que o impacto do primeiro que les -prosa- , atenúa -en nós - a valía da poética )
e, sin embargo...
como non emocionarse cos romancillos, seguidillas, romances, etc...que o autor nos deixa ultimamente ?
Disfrutade coa prosa ( sempre certeira, precisa e retranqueira ), máis parádevos na poética...
paga a pena !
tin_herva
TI SI QUE ESTAS FEITO UN ARTISTA.GUSTOUME ESTA POESIA DO MERLO.TAN PEQUECHA E QUE DI TANTAS COUSAS.
ResponderEliminar