quinta-feira, 17 de março de 2011

Traxedias

Pon medo o que está a suceder en Libia e Xapón. Ver que  as sociedades desenvolvidas non teñen máis remedio que ceder ao imperio dos cartos é desconcertante. Ter constancia do pouco que valen, onde sexa, as vidas humanas, é desacougador. Impresiona ver a cara dos xaponeses acollidos nos refuxios, a serenidade estoica que parecen transmitir, conscientes da traxedia brutal que lles toca sufrir. E asusta ver a cara dalgúns árabes partícipes nas masacres destes días, e sen que un se fixe no bando ao que pertencen.

Non podo comprender aos gobernantes, aos donos das grandes empresas, dos bancos, das fábricas... Non son quen de entender que o estado xaponés inxecte millóns e millóns de dólares á Bolsa, e menos aínda que eses cartos, antes ou despois, vaian ter que saír xusto dos mesmos que agora máis sofren a catástrofe.

Xapón. A tristeza segue a ser un dos sentimentos co que relaciono a esa xente.


(Alivia saber que as centrais nucleares francesas e españolas son seguras. O comisario europeo de enerxía fala doutras. A saber cales.)




Se se moven,
se hai ruído,
se se notan cando viven...

Se é que falan,
se contestan,
se pronuncian pensamentos...

Se é que calan,
se se evaden,
se andan, idos, no seus mundos...

Está mal e non procede.
Para nada.

E non se moven,
só escoitan e non falan,
obedecen
e traballan.

Nin respiran...

Nada son...



.



Sem comentários:

Enviar um comentário