segunda-feira, 28 de março de 2011

Trrr...

Tres tristes tigres

Os trabalinguas, coma todo, son bos nas doses axeitadas; se un se pasa, se se excede, acaba nunha intoxicación lingüística que é o primeiro síntoma da tirria. De acabar tirrioso, só se alcanza a superalo despois dun tempo de mudez. Non hai máis tratamento.

De todas maneiras, algún dos fermosos convén dicilo. Por practicar, claro.





Oír a Aute é un trance,
Puro misticismo
Desde o século vinte ao vinte e un.
Instante
Que se fai eternidade.

Oír a Aute é o trauma
De agardar por unha voz
Para subir,
Escapando do susurro monocorde.

Oír a Aute é unha traxedia
De chorar ambiguo,
Na tristeza
Do que foi para non ser
Ou xa non foi
En tanto era.

Oir a Aute é tranquilo,
Desconectas un pouquiño,
Só un pouco,
E xa non oes
Nis as notas
Trasteadas na guitarra.






.

1 comentário:

  1. Gústame o blogue (V) por suxerente.
    Ata hoxe non me decatara da relación entre a reflexión e a poética.
    (Moi boa ! )
    Tin_Herva

    ResponderEliminar