terça-feira, 29 de março de 2011

Modos e maneiras

Estou tranquilo e contento. É vinte e nove de marzo e albíscanse novas maneiras.

Os días poden acabar por teren dúas caras ben diferentes, por un lado a cara fría e desapacible da primavera que aínda non está reconciliada co sol e segue a xogar coa chuvia e o frío do inverno, e por outra banda ese microclima que somos capaces de crear as persoas na procura de facer os nosos mundos un pouquiño máis cálidos e amigables. E neses casos hai destellos de luz nos sorrisos das persoas que temos ao redor. Incluso, se me apuran, diría que case aparecen, para nós, camiños novos polos que aventurarnos.

Que sexa para ben!






Pensei no que me dixeches,
cavilei e non parei,
se non che dou a resposta
e porque non a atopei.




Onte dicías que si,
hoxe ben me dis que non.
Digas o que ti me digas
sempre queres  a razón.





 .

Sem comentários:

Enviar um comentário