Debo confesar que hai algúns aspectos da conduta humana que non entendo. E esfórzome. Non entendo a mentira, por exemplo. Co cómodo que resulta dicir a verdade!
Se contas a mesma cousa moitas veces, debe ser dificilísimo contala igual sempre para poder mentir ben.
Digo.
A min avisáronme de pequeno para usar a memoria noutras actividades máis útiles e máis alegres.
Falou comigo e mentiume
dicindo o que non pensaba.
Ela tampouco sabía
o pouco que me importaba.
Verdade ningunha tiña
en todo canto falaba,
déralle deus a mentira
xusto cando lle deu fala.
Por vivir nunha mentira,
por se saber entrampada,
por non coñecer verdade,
por non se quedar calada,
ninguén lle ha nada pedir,
nadie quererá favor:
para non sufrir mentiras,
canto máis lonxe mellor!
.
Sem comentários:
Enviar um comentário